Saudiños!
Hoxe foi un día moi especial para min! Xa na entrada do colexio apareceron estes carteis:
E logo seguiron aparecendo máis sorpresas!
Encantoume recibir as vosas felicitacións! Ata fixestes uns debuxos nos que saio moi favorecido!
E me fixestes unha coroa de aniversario! E unha pulseira de cores!
Como mostra agradecemento, deixei unha chea de libros novos para que poidades coller na Flavioteca. Seguro que dentro de pouquiño xa están catalogados e podedes disfrutar deles ;)
Moitísimas grazas!
Comentarios
Publicar un comentario