VOLTA DAS QUEDADAS LECTORAS



Ola!

Hoxe pola mañá o alumnado de sexto de primaria foi visitar o CEIP Rosalía para lerlles aos rapaces e rapazas de primeiro. 


Era a viaxe de volta das QUEDADAS LECTORAS que comezaron fai quince días cando viñeron os do CEIP Rosalía ao Flavia. 




Pasámolo todos e todas moi ben e os anfitrións invitáronnos a unha merenda deliciosa.


Aquí tedes uns vídeos para ver como foron esas lecturas:






Comentarios

  1. Noraboa ao equipo de biblioteca polas actividades tan chulas que nos facedes chegar. A quedada lectora foi moi interesante, pasámolo moi ben a pesar dos nerviosos e nerviosas que estabamos. 6ºB

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, son Ef, moitas grazas por deixar unha mensaxe e por ir a compartir lecturas. Estivestes xeniais!. O equipo da biblioteca sodes todos e todas, non o olvidedes. Que sería da Flavioteca sen vós?
      Saudiños.

      Eliminar

Publicar un comentario