DÍA DO LIBRO


Bo día!
Hoxe é o Día do Libro e dos Dereitos de Autor.
A celebración foi establecida pola UNESCO (Organización da Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) no ano 1995.


A data escollida, o 23 de abril, é a do falecemento de Cervantes (o autor do Quixote) e de William Shakespeare (probablemente o escritor máis coñecido en lingua inglesa). 


Dende a biblioteca do concello de Padrón ofrecen un servizo de préstamo de libros a domicilio. Hai que chamar ao 981810761 de luns a xoves en horario de mañá. Aquí podedes consultar o seu catálogo.



Comentarios