DÍA DAS ESCRITORAS


 Ola!

Hoxe, día 19 de outubro, é o Día das escritoras. Esta data debería servir para recordar a moitas mulleres que para poder estudar ou publicar os seus textos tiveron que facerse pasar por homes. 

Vestirse de home e cambiar o seu nome era algo que algunhas tiveron que facer para poder acceder aos estudos universitarios. Incrible, verdade? 

Máis tarde, houbo outras que puideron ir á universidade co seu nome e vestidas "de muller" pero, precisamente por ser mulleres, non podían licenciarse. Ou sexa que estudaban pero non lles daban un título. Que inxustiza!


Afortunamente melloramos moito e hoxe se alguén quere firmar un libro cun pseudónimo é porque lle apetece. 

Se queredes ver as biografías e os textos de escritoras como Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Gloria Fuertes, podedes visitar a páxina da Biblioteca Nacional: premede AQUÍ

Podedes contarnos nos comentarios cal é a vosa escritora preferida. Saudiños!

Comentarios