NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 



Ola xente!
Estamos no mes da Ciencia en Galego e queremos recordar que o galego serve para todo o que queiramos comunicar. De feito hai moitos e moitas científicas e investigadoras  que empregan a lingua galega. 


Aquí podedes ler o manifesto completo deste ano 2020, que está escrito por Xurxo Mariño Alfonso e leva por título O feitizo da ciencia. Recoméndovos a súa lectura, que comeza así:

Está en todas partes. Dentro do teu ordenador, no microondas e na neveira
da cociña, en todos os medicamentos que tomamos de cando en vez, nos
instrumentos de medición que hai nos hospitais, nas lámpadas que dan luz cando
marcha o Sol, no motor do coche e do patinete eléctrico... chámase ciencia e é
unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para
tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo.

Comentarios