11 DE NOVEMBRE. Silvia Pérez Cruz



Os animais tamén escoitamos música... e da boa! Algúns preguntarédesvos: "EF, un alce, escoitando música?". Pois claro! De que vos estrañades? Se poido ler, como non vou poder desfrutar da música? Gústame o mesmo que a vós e hoxe quero facervos un agasallo.

Fai tempo, na casa de meus pais, vin este disco enriba da mesa do salón. Non me soaba de nada, non era ningún deses grupos que escoito normalmente cos meus colegas renos... pero picoume a curiosidade.

Na portada, como vedes, a cara dunha fermosa rapaza que é a autora do disco, Silvia Pérez Cruz, unha catalá que antes formaba parte da banda Las Migas e que agora comeza a súa carreira en solitario. 

"11 de Novembre" (2012) son trece cancións de estilos moi variados (jazz, fado, pop, bossa nova, canción de autor, habanera, folklore, flamenco, tropical...) e cantadas en varias linguas (catalán, galego, castelán e portugués) que Silvia adica ao seu pai.
Esta moza demostra co seu traballo que coñecer e respetar a nosa cultura e as que nos rodean enriquece ás persoas. 

Como mostra, déixovos un par de petiscos musicais do disco:


1. "Iglesias".





2. "Nao sei".



Que aproveite!


Comentarios