EL PEQUEÑO TEATRO DE REBECCA. Rébecca Dautremer



A francesa Rébecca Dautremer ten conquistado a grandes e pequenos coa súa forma de debuxar e os seus libros están considerados auténticas obras de arte.

En 2012 publicou este fantástico conto que reúne ás personaxes dos seus libros anteriores en torno a un teatro en tres dimensións. O escenario deste teatro non é máis que un burato na parte central das páxinas, que mediante a técnica do cuño fai que as case cen figuriñas aparezan e desaparezan en escena.

"El pequeño teatro de Rebecca" é un libro delicado pero con moita forza visual, sinxelo no fondo e complexo na forma. Un libro cheo de maxia. Un libro que está vivo.





FICHA TÉCNICA:
  • Varios autores.
  • Rébecca Dautremer.
  • Álbumes ilustrados.
  • 96 páxinas.
  • 235 x 200 mm.
  • Encadernado en Cartoné.
  • Código 102173.
  • ISBN: 9788426386106.

Comentarios

  1. Encántame! Voullo pedir aos Reis!

    ResponderEliminar
  2. Alégrome! Seguro que Melchor, Gaspar ou Baltasar cho traen encantados...

    ResponderEliminar
  3. A min tenme boa pinta . Eu tamen o bou pedir!

    ResponderEliminar
  4. O reis non me trouxeron ningun libo pero pidireino polo meu cumpreanos(Lucia)

    ResponderEliminar
  5. Moi ben! Sempre hai momento para un bo libro. Xa nos dirás que che parece...

    ResponderEliminar
  6. Ef vuelvo a ser Elisa me encanto El pequeño teatro de Rebecca

    ResponderEliminar

Publicar un comentario