Achégase o Nadal, o tempo no que decoramos as nosas casas dunha forma especial, no que facemos agasallos aos seres queridos, no que nos reunimos en familia e no que enchemos o bandullo de larpeiradas riquísimas.
Son uns días de vacacións fríos e, aínda que desfrutamos saíndo á rúa e vendo o ambiente que hai, pasamos bastantes horas á calor do fogar. Por iso, creo que é unha boa idea deixarvos uns cantos enlaces a páxinas do que agora se dá en chamar "Do it yourself" (DIY) e que non é outra cousa que o "Faino ti mesmo" de toda a vida, é dicir, traballos manuais que dan un toque diferente e persoal.
Nestes enlaces poderedes atopar desde alimentos (pasteis, tortas...), roupa customizada, obxectos reciclados, adornos para a casa (tamén de Nadal), libretas personalizadas, postais, pezas de roupa de la, xoias artesanais, bonecos/as, selos orixinais, lámpadas, macetas, etc.
A maior parte das webs son en inglés pero non hai problema porque as imaxes que acompañan ás instrucións escritas son suficientemente claras para entender o que hai que facer. Se queredes, tamén podedes traducir os textos con, por exemplo, esta ferramenta.
- DIY or DIE.
- x4duros.
- BORED PANDA.
- krokotak.
- MANUALIDADES FACILISIMO.
- EL UNIVERSO DE ELISA.
- PINTEREST. Manualidades.
Aquí tedes algunhas das propostas en imaxes para espertar a curiosidade:
Agardo que vos gusten.
Boa fin de semana!
Grazas Ef! Hai moitas cousas preciosas para facer.
ResponderEliminarDe nada! Para iso está, para que miredes e probedes. E, por suposto, isto só é unha guía, o máis interesante é que inventedes as cousas.
ResponderEliminarMoitas grazas Ef! Agora sí que non nos imos aburrir no Nadal.
ResponderEliminarGustounos moito Ef!!
ResponderEliminarAlégrome.
ResponderEliminarA min tamen me gustou moito Ef
ResponderEliminargrazas
Xenial!
ResponderEliminarGustame por que pareceme ben que poñades manualidades para o nadal
ResponderEliminarGrazas Nerea!
ResponderEliminarahora xa o sei facer .fareino co meu avo.(Lucia)
ResponderEliminarXenial Lucía!
ResponderEliminarYago: O que máis me gusta do blog e o belén feito con corchos
ResponderEliminarA verdade é que mola mogollón.
ResponderEliminara min tamen me gusta pero gustanm mais os paxariños feitos con corchos(Lucia)
ResponderEliminarSí, molan bastante!
ResponderEliminar