FUNCIONAMENTO DO BLOG




Bo día!

Hoxe, quero explicarvos un pouquiño o funcionamento do blog.


Primeiro. Fixaríadesvos na parte superior, onde pon o nome (Flavioteca) e máis unha pequena descrición. Ben, pois cada vez que pinchemos ahí co punteiro do rato a páxina levaranos ao seu formato de inicio, con todas as entradas distribuídas en cadradiños.


Segundo. Para poder ler o contido de cada unha desas entradas (cadradiños) só temos que colocar o rato encima e pinchar. Inmediatamente, despregarase unha nova ventana onde a información será xa nosa. Se só colocamos o punteiro sobre a imaxe, xirarase e aparecerá a data e o título.


Terceiro. O blog está organizado nun formato que se chama "Flipcard", palabra que podedes ver debaixo de "FLAVIOTECA". Esta organización é a que nos permite ver as publicacións en cadrados que podemos abrir cando queiramos. Vemos que ao lado desa palabra en inglés ("Flipcard") hai unha frecha pequena (con forma de triángulo) que mira hacia abaixo. Se poñemos o punteiro sobre ela, ábrese unha fiestra con outras formas de distribuir a información (formato clásico, de revista, en mosaico, con barra lateral, con fotografías ou con barra temporal) e os lectores podemos cambialas ao noso antollo.


Cuarto. Máis abaixo, hai catro pestanas: "Recentes", "Data", "Etiquetas" e "Autor". Cada unha delas, tamén nos organiza a información en función deses criterios. A primeira pola proximidade da publicación no tempo. A segunda colócaas por meses e anos. A terceira en funcion das etiquetas que poñamos en cada entrada (libro, cómic, música, xogos, información, concursos, cine...). E a cuarta polo que escribe esa entrada, que sempre serei eu, EF.


Quinto. Na esquina superior dereita temos un caixón branco que pon "Buscar". Ahí, poderemos encontrar calquer cousa publicada no blog. Por exemplo, imaxinade que vos gusta un libro calquera e queredes obter información sobre el antes de compralo. Só teríades que escribir o título e, se escribín sobre el, aparecerá. 


Sexto. Na parte dereita da pantalla pódese ver un menú en negro que se abre se achegamos o rato. Hai cinco asuntos. "Enlaces de interese" (a páxina do cole, a da Consellería de Educación, a web do concello, a da Fundación Rosalía de Castro, a da Real Academia Galega e Española cos seus respectivos dicionarios e un completo dicionario en varias linguas). Logo temos un tradutor de textos onde se pode elixir outros idiomas para aplicar ás entradas. Despois un arquivo do blog por anos e número de entradas. Abaixo, o botón do "+1" para indicar (e compartir) que nos gusta o que lemos. E finalmente, unha frase que define ao blog.


O sétimo e último punto é animarvos e decirvos que podedes comentar en cada unha das publicacións. Sería o que máis ilusión me faría, ver que a FLAVIOTECA é un espazo de todos e para todos, onde a información vai e ven. Estarei encantado de aclarar calquera dúbida ou de ampliar a información.


Nada máis, desfrutade desta fin de semana máis longa do habitual e... Ata a próxima!

Comentarios

Publicar un comentario