ARROLOS DE SALITRE. Xabier Díaz e Guillerme Fernández





"Arrolos de salitre" (2010) é un traballo musical de Xabier Díaz e Guillerme Fernández (integrantes da mítica banda Berrogüetto), unha compilación de once cancións entre cantigas de berce tradicionais e novas composicións creadas para nenos pequeniños. Unha guitarra que mexe e adormece, un acordeón que enriquece o ambiente e as fermosas voces galegas de Fani Otero, Davide Salgado, Guadi Galego, Diego Calviño, Xoán Curiel, María Xosé Silvar, Uxía Cribeiro, Carlos Álvarez, Jara Ortiz ou Alba Gutiérrez. Quim Fariña, Pedro Lamas e Suso Iglesias tamén colaboran nas partes instrumentais.

Con este disco, preténdese achegar o mundo infantil á tradición oral, mediante cantigas, arrolos e retrousos. Unha comuñón sensorial para adormecer aos pequenos, froito dun traballo de investigación moi valioso.

É a cara máis obvia do folklore galego, son os cantos da casa, as nanas do fogar, que agradarán a meniños e a adultos, xa que a beleza non entende de idades.

Inclúe un conto da poeta Lupe Gómez, así como as imaxes dos barcos de casca de noz que deseñou Nébeda Piñeiro ilustrando as capas do disco.

En definitiva, un álbume fermosísimo para desfrutar en familia e, como os seus autores dixeron en algunha ocasión, para participar del, pois o obxectivo final é aprender as cancións e cantarllas aos nenos.

Eu xa teño as miñas preferidas. Son "O meu neno de cristal" e "Arrolín arrolán". E as vosas cales son?







Comentarios

  1. ef eligiste la cancion mas bonita




    ef elegiste la cancion mas bonita



    ResponderEliminar
  2. QUE BONITO POR DIOS

    ResponderEliminar
  3. elisa soy david a mi tambien me gusta es de bonita como tu

    ResponderEliminar
  4. Canto amor vexo eu por aquí...

    ResponderEliminar
  5. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario