COCORICO. Marisa Núñez e Helga Bansch.



"Cocorico" é unha adaptación libre dun conto tradicional birmano que trata sobre a necesidade de escoitar os bos consellos, do importante que é cumprir as promesas e da dificultade que supón aprender a compartir. O polo provoca o enfado do Gato Pelado por non deixarlle nada de merenda, pero a comprensiva Mamá Galiña protexerá ao seu pequeno, axudándoo a sair dese mal trago e dándolle outra oportunidade de aprender a lección.

Un libro fermosamente ilustrado cun texto en rima como os da vella escola, que conecta co estilo e a forma da tradición oral. Un libro de tres personaxes para desfrutalo cos cinco sentidos. 

Un libro que traballa os sentimentos, as relacións familiares, a importancia de compartir ou a sensibilidade e que, cunha linguaxe sinxela, espreme ao máximo as posibilidades da palabra. 



 


FICHA TÉCNICA:



Autora: Marisa Núñez.

Ilustradora: Helga Bansch.

Editorial: OQO Editora.

Colección: Colección O.

Ano de Publicación: 2009

Encadernación: Tapa dura.

Páxinas: 36.

ISBN: 9788498711578.

Idade: De 3 a 6 anos.

Prezo: 12,90 euros.
 

Comentarios

Publicar un comentario