CONEJOS DE ETIQUETA. Gabriela Keselman





Gabriela Keselman é unha escritora arxentina de libros infantís, creadora das aventuras do mapache Morris e que en 2004 publicou este fantástico libro que ten como eixos temáticos a familia, os afectos e os prexuízos.

"Conejos de etiqueta" é un conto que traballa cunha acumulación de situacións que deveñen nun enxeñoso desenlace e iso faino un libro moi atractivo para os nenos e nenas de entre seis e oito anos.

Mamá e Papá Coello deben viaxar logo de gañar o Concurso de Cenoria Raiada. Por iso deixarán aos seus vinte pequenos coellos coa avoa. Para coidalos ben, a avoa escribe vinte pequenas etiquetas coas características que cada un ten segundo o que din seus pais (mandón, fedello, pelexador, simpático, preguiceiro…). Pégalles esas etiquetas nas costas dos seus netos. O vento despega e leva as etiquetas, a avoa esquece o que era cada un e iso obrígaa a tratalos a todos por igual. 

Unha historia que demostra que as primeiras impresións non son sempre as correctas.

A ilustradora, Teresa Novoa, subliña a expresividade dos coellos a través das súas orellas e crea unha composición visual moi interesante en cada unha das páxinas. 




FICHA TÉCNICA:

Editorial: SM.
Colección: Barco de Vapor Blanca.
Código: 103023.
Páxinas: 64.
Formato: Rústica.
ISBN: 9788434861343.
Idade: 6 a 7 anos.

Comentarios