LIBRO DE LA FANTASÍA. Gianni Rodari




Gianni Rodari (nace en 1920 e morre en 1980) foi un escritor, xornalista, mestre e pedagogo italiano, especializado en literatura infantil e xuvenil, que obtivo, entre outros recoñecementos, o Premio Hans Christian Andersen en 1970. De neno, ingresou no seminario católico de San Pedro Mártir pero non tardou en abandonalo en favor do estudo das ciencias humanísticas. Formou o seu espíritu crítico lendo aos autores clásicos e interesouse moito pola música. 

Famoso pola súa fantasía e orixinalidade, Rodari fixo unha importante contribución á tarefa de renovar a literatura infantil mediante contos, cancións e poemas.

A súa obra máis coñecida é esta, "Grammatica della Fantasia" de 1973, que na tradución queda como "El Libro de la Fantasía". É considerada unha obra mestra e pode considerarse tanto un ensaio pedagóxico destinado ao persoal docente e aos pais e nais, como un conxunto de fábulas para os nenos, nas cales a imaxinación toma o poder.

Queres saber a sorte de vida dunha violeta no Polo Norte? Ou a dun caranguexo que decidiu camiñar hacia adiante? Ou o que sucede no Planeta das Árbores de Nadal? Ou coñecer a lista de medicamentos que diariamente toma o barón Lamberto?

É un libro para quen cre que é necesario que a imaxinación teña o seu lugar na educación, para quen confía na imaxinación infantil e para quen cre no poder de liberación que ten a palabra.



FICHA TÉCNICA:

Editorial: Blackie Books.
Tradución: Carlos Sampayo e Esther Benítez.
764 páxinas.
Tapa dura.
ISBN: 9788493827243.

Comentarios