EL LIBRO NEGRO DE LOS COLORES. Menena Cottin e Rosana Faría



"El libro negro de los colores" é unha nova experiencia para os sentidos e proponnos unha atractiva maneira de coñecer as cores, a través da escura mirada dun neno cego, invidente.

É un libro sorprendente, feito con moito respeto e cunha grande delicadeza, enteiramente ilustrado en relevo. En cada par de páxinas, encontramos unha fermosa e orixinal descrición de cada unha das cores desde o punto de vista de Tomás. Esa descrición ven escrita en Braille, coa súa forma tradicional abaixo e cos debuxos gravados ao lado para "sentir" cada cor e deixarse levar con liberdade.

O que realmente transmite este libro é a posibilidade de percibir as cores, que son elementos fundamentalmente visuais, por medio de outros sentidos (sabores, cheiros, sons e emocións). Ademais é un bo material para traballar a tolerancia coa diversidade e a concienciación e respeto co diferente que é igual.

Quenes están detrás desta pequena xoia literaria? Pois Menena Cottin e Rosana Faría como autora e ilustradora respectivamente, e Libros del Zorro Rojo no labor editorial.

Foi Premio Bologna Ragazzi aos Novos Horizontes en 2007. Premio Nacional das Artes Gráficas 2006, Premio CANIEM 2006 e Premio BENNY 2006.




FICHA TÉCNICA:

Editorial: Libros de Zorro Rojo.
ISBN: 97884912198.
Encadernación: Cartoné.
Ano: 2009.
Páxinas: 24.



Aquí vos deixo con este video sobre o libro:






Comentarios

Publicar un comentario