FANTÁSTICO SR. FOX. Wes Anderson




Despois das vacacións de Nadal volvemos ao traballo con máis recomendacións. 

"Fantástico Sr. Fox" é un filme de 2009 dirixido por Wes Anderson, un cineasta marabillado co mundo infantil e co imaxinario propio desta etapa e así o demostra con esta historia e con moitas outras.

Baseado na novela (de mesmo nome) do xenial Roald Dahl, conta a historia dun intelixente raposo chamado Fox que, ocultándollo á súa familia, rouba galiñas, patos e pavos nas granxas veciñas para non pasar fame. Como non podía ser doutro xeito, os granxeiros planean cazalo e ahí comeza todo.

É unha peli que enfía perfectamente a fantasía dos nenos cos problemas adultos e conta cunha forza visual impresionante. Unha peli de animación cunha técnica (stop motion) afastada do tradicional, que se ve rápido (87 min.) e que se desfruta en altas doses.

Moi divertida e tamén emotiva.

Vaivos gustar! A pequenos e grandes.

Ata logo!




Comentarios

Publicar un comentario