LUZES. Varios autores



Galicia está en hora boa. Chega Luzes, "unha revista en papel, en lingua galega e de calidade", con carácter mensual e  destinada ao mundo adulto (nais, pais, mestras, mestres e resto da comunidade), que tamén é suxeito activo e público deste blog de biblioteca.

Ante a desolación e o desalento actuais da prensa e da maioría dos medios de información escritos na nosa terra, Luzes pretende alumar nunha escuridade consciente herdando as mellores calidades do xornalismo "non satisfacendo o que xa se quere, senón incrementando a oferta do que non hai".

Dirixen Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro. Coordina Iago Martínez. Cun comite de redacción amplo e variado (Julio Gómez, Tati Mancebo, Manuel M. Barreiro, Belén Regueira…) e cunha tropa de colaboradores  máis que interesante (Xosé Abad, Ramón Chao, Montse Dopico, Agustín Fernández Paz, Julia Otero, Andrés Magán, Manuel Jabois, Santiago Jaureguizar, Belén Regueira, Jurjo Torres, Rexina Vega, Olga Novo, Henrique Mariño…).

Entrevistas (Antonio Escohotado, Saleta Goi, Patricio Guzmán), reportaxes de actualidade ("Viaxe ao corazón roto do soño americano", "Elisa e Teresa: A vida a cero", "Aquí nunca pasa nada"…), creación (A viaxe de Gagarin"), análise da actualidade ("A ofensiva neoliberal no ensino", "A noite que vén"), fotografía ("Independencis(s)", "Ensaio sobre a noite") ou artigos de opinión ("A independencia son os pais", "Estranxeira na súa patria", "Seres Míticos"…) é o que se poderá atopar entre as páxinas desta excelente publicación.

Persoalmente, o número de decembro non me puido gustar máis así que vos animo a desfrutala.

Comentarios