COLECCIÓN COCIÑA INFANTIL E FAMILIAR. Varios Autores










Hoxe escribo para recomendarvos unha colección de libros que a editorial Ouvirmos nos ven presentando desde o ano 2011 ata a actualidade co nome de Cociña infantil e familiar. 

Xa queda moi lonxe esa idea tan fea que asociaba a cociña só ás mulleres. Aínda que eu son un alce, considérome un animal intelixente e, polo tanto, capaz de darme conta de que non hai unhas tarefas para nenas, rapazas ou mulleres e outras para nenos, rapaces e homes. Eu creo que ambos sexos poden facer de todo. Porque... somos iguais, non?


Ata o momento, esta editorial galega publicou oito libros (serán dez en total) cos que introducir aos pequenos das familias no mundo da cociña e dos alimentos. Así, todos aprenderemos a facer de comer e tamén a coidar a alimentación, é dicir, saber que e como comemos. Ademáis de aprender, a diversión está garantida.

Por orde de publicación, temos "Bocadillos e Sándwiches", "Sobremesas", "Pastas e Pizzas", "Menús para festas", "Arroces", "Peixes", "Carnes" e "Chocolates". Como podedes ver, ben completiña está a cousa.

Cada volume inclúe 20 receitas realizados con ingredientes básicos, explicadas paso a paso de forma sinxela por profesores titulados de hostalería. Miguel A. Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez e Xenxo Pereiro son os encargados de guiarnos ao longo desta aventura culinaria.

As fotografías que acompañan as explicacións son de Tono Arias.

Premio Libro Educativo 2012 pola Asociación Galega de Editores.

Veña logo chefs! A practicar!



FICHA TÉCNICA:

Editorial: Ouvirmos.
ISBN (por orde de publicación): 978-84-938276-3-2 / 978-84-938276-4-9 / 978-84-938276-5-6 / 978-84-938276-6-3 / 978-84-938276-8-7 / 978-84-938276-9-4 / 978-84-941053-1-9 / 978-84-941053-2-6.
ENº de páxinas: 56.

Comentarios

  1. Gustavo Adolfo Beckerxoves, 20 febreiro, 2014

    na da mais velo da fame

    ResponderEliminar
  2. que rico parece todo e o que mais me gustou foi o rato... para comelo xa!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario