DOWNTOWN. Noël Lang e Rodrigo García




"Me llamo Blo, tengo Síndrome de Down, una novia, muchos amigos y un disco favorito". Esta frase presenta o cómic "Downtown", publicado en 2012 dentro da colección Emociónate da Editorial Dibbuks.

Estades ante un libro que ten como signos de identidade a normalidade e a integración, a sensibilidade e a concienciación. Conta a historia, ou mellor dito, as historias de varios personaxes que teñen Síndrome de Down, a través de situacións que acontecen no seu día a día. Así, deste xeito, preséntasenos a Blo, Bibi, Benjamín ou Miguelote, uns nenos que dialogan e reflexionan para facernos ver os problemas complexos da nosa realidade e a nosa forma de vivir baixo a presión do consumismo.

Un preciso e respetuoso achegamento ao mundo destes nenos, no que tanto Noël Lang (no guión) como Rodrigo García (nos debuxos) acertan de cheo.

Vicente del Bosque, que ten un fillo con este síndrome dixo isto na presentación do cómic:
"O malo de ter Síndrome de Down é que o día no que naces os teus pais póñense un pouco tristes... o bo é que despois dese día non volven estar tristes nunca máis. Sei que soa idílico pero aínda con todas as preocupacións e medios que afrontamos, non deixa de ser unha grande liberdade". 



FICHA TÉCNICA:

Editorial: Dibbuks.
136 págs. Color - Cartoné
20 x 20 cm.
ISBN: 978-84-92902-85-9

Comentarios

Publicar un comentario