HOY EMPIEZA TODO. Bertrand Tavernier



"Hoy empieza todo" é un filme dirixido polo grandísimo director francés Bertrand Tavernier (tamén actor, escritor e produtor) que ten como título orixinal "Ça commence aujourd'hui". 

Estreouse en 1999 e conta a historia de Daniel Lefebvre, un director de escola infantil nun barrio marxinal dunha vila mineira do norte de Francia, na que o 30% da poboación está no paro. Mentres este incansable traballador intenta buscar saídas para as familias, esforzándose en implicar á comunidade educativa, o único que recibe a cambio é que o seu labor docente sexa cuestionado.

Reflexa unha realidade moi próxima á que nos está tocando vivir aquí nestes tempos de crise financeira, económica e, sobre todo, de ideas. E é de agradecer (moito) que un director de tales dimensións, puxera o foco sincero, deste xeito, na educación, un aspecto tantas veces esquecido a pesares do seu valor suposto como ben de interese común. 

Considerada pola crítica unha obra mestra do sétimo arte, é ademais unha peli honesta, emotiva, directa, realista e fermosa que serve para poñer de manifesto e comprender que, do entendemento de todos os axentes educativos (escola, familias, comunidade) saen os verdadeiros bos resultados... e ao dicir "verdadeiros" xa deberíades entender que non me refiro aos do Informe PISA.

Premio da Crítica Internacional do Festival de Berlín e Premio do Público no Festival de San Sebastián.

Aínda que está recomendada para maiores de trece anos, moitos alumnos/as de terceiro ciclo de Educación Primaria están xa preparados para vela. Por suposto, os adultos non deberían deixala pasar.

Comentarios

  1. Esto non vale para nada leer non me gusta

    ResponderEliminar
  2. Que pena!
    É a túa opinión, a miña é a contraria.

    ResponderEliminar
  3. Vaia! Non sabes o que estás perdendo. Coa cantidade e variedade de libros, cómics, blogues, revistas e artigos que existen é raro que non haxa algún que che interese. Anímate e déixate levar por algunha historia, xa verás qué ben se pode pasar.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario