O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS. Oliver Jeffers



Laura Sáez e Mónica Pazos traducen este xenial libro do irlandés Oliver Jeffers sobre como ler (en xeral) e sobre un neno chamado Henry que devora libros (en particular).

"O incrible neno devorador de libros" (editado inicialmente en Irlanda en 2007), que gañou o Premio de Literatura Infantil de Irlanda, non é soamente un canto aos libros nin á súa lectura, senón a como lelos. Unha proposta moi atinada e cun alto valor e interese para o público infantil. O pasado mes de outubro, no 2013 xa, chegou ás librarías da man da editorial Patas de Peixe.

Patas de Peixe é unha editora que, en palabras de Xabier P. DoCampo, "está disposta a poñer nas librarías obras adicadas aos lectores e lectoras que aman os libros fermosos e a lingua galega". 

O autor ten un estilo narrativo sutil e un especial uso do espazo na composición. En 2008, apareceu en The Times como un dos mellores autores de álbum infantil da actualidade. E en 2007 foi o ilustrador oficial do Día Internacional do Libro.

En definitiva, un bo libro para primeiros lectores e lectores en iniciación.



FICHA TÉCNICA:

28 páxinas
ISBN: 978-84-936842-0-4
12,00 €

Comentarios

Publicar un comentario