PEDACIÑOS DE CEO. Aula Folque Infantil




A AFI (Aula Folque Infantil) nace na cidade de Pontevedra no curso escolar 2002-03 no marco do Ano da Música de Pontevedra e, desde esa data, viñeron gravando a forma de expresarse dos nenos nas aulas. Nace así "Pedaciños de ceo".

Que ten de especial isto? Varias cousas. Primeira, que se presenta en disco de vinilo, un formato que ten a mesma inocencia da infancia, esa que pervive no tempo. Segunda, que a idea xurdiu "dun baleiro no ensino da música popular ao potencializar a liberdade de exploración e experimentación do alumnado" e así, "serían eles os sabios e nós os guías" - din desde a AFI. E terceira, que profesorado e alumnado danse a man en equilibrio ante a materia prima da música popular, sen sobresaír os adultos.

Pero non pensedes que isto está dirixido. Non! É a dinámica de xogo o verdadeiro motor desta xenial iniciativa.

"Pedaciños de ceo" é unha exploración coa espontaneidade como bandeira, son paisaxes sonoras vivas polas que deixarse conquistar.

Na cara A, baixo a dirección do contrabaixista cubano José Manuel Díaz, un tema de composición e outros tres tradicionais reelaborados con letras compostas polos nenos da AFI. Na cara B, pezas para comprender os procesos de inspiración co músico e compositor galego Nacho Múñoz, quen saca dos nenos pequenas xoias de creación colectiva.

A actual comunidade de nenos/as músicos:

O equipo docente destes anos: José Manuel Diaz, Marcelo González, Mónica de Nut, Xurxo Troncoso, Gema Pérez, Pilar Araujo, Pepa Yañez, Xela Conde, Nacho Muñoz e Lola de Ribeira.
E colaborando intensamente os pais e nais, o personal do Conservatorio de Música Manuel Quiroga, a As.Paspallás, Inés Portela, os responsabeis de Cultura do Concello de Pontevedra desde tempos de Luís Bará, de María Jesús López, Lola do Pico e actualmente Anxos Riveiro.

E colaborando de forma intensa as nais e os pais, o persoal do Conservatorio de Música Manuel Quiroga, As Paspallás, Inés Portela, os responsables de Cultura do Concello de Pontevedra (Luís Bará, María Jesús López, Lola do Pico e Anxos Riveiro).
  


Un exemplo:


Comentarios

Publicar un comentario