THE SCALE OF THE UNIVERSE 2



Hoxe téñovos preparada unha sorpresa, unha moi agradable, unha moi interesante, unha que vos vai ter entretidos bastante tempo, argallando sen parar e descubrindo moitísimas cousas.

Pensei en explicarvos aquí, as liñas básicas do proxecto que vos presento, mais non o vou facer porque deixaría de ser unha sorpresa, non credes? É mellor que vos deixedes levar pola curiosidade e que indaguedes.

Só vos direi que impresiona moito, que está cheo de curiosidades, que nunca foi tan fácil viaxar no tempo e no espazo, que só necesitades empregar a vista e un dedo e que o seu nome é "The Scale of the Universe 2" ("A Escala do Universo 2").

Se queredes dar o paseo virtual máis grande que se pode dar hoxe en día, pinchade aquí e seguide as instrucións en inglés (pero doadas) que vos marcan.

Que o pasedes ben!

Comentarios

Publicar un comentario