UNHA FOTO MISTERIOSA




Atopei esta fotografía en internet e chamoume moitísimo a atención pola súa triste beleza. Por iso decidín compartila con todos vós.

Arredor da imaxe, hai bastante polémica. Por un lado, están quenes pensan que é real. Por outro, quenes pensan que é preparada e que ten un fin determinado.

Primeira teoría. Unha nena iraniana que perdeu a súa nai na guerra, debúxaa con xiz no chan do patio do internado para orfos no que foi acollida. Ela colócase dentro de súa nai para sentirse protexida, en posición fetal, coma se estivese no propio berce. As sandalias quedan fóra do debuxo, sinal de respeto ao entrar nun lugar sagrado.

Segunda teoría. Esta foto (e outras moi similares) é un traballo artístico feito por profesionais para crear conciencia e para provocar un impacto crítico no espectador. Algúns din que unha ONG iraní pode estar detrás da idea.

Vos elixides a versión que máis vos conveña. Eu xa a teño. Penso que non é espontánea, estou máis coa segunda teoría pero iso non lle resta importancia. A min, persoalmente, tanto me ten. O importante é que fai pensar e reflexionar sobre a dura realidade que vivimos.

E vosoutros, que pensades?

Comentarios

  1. http://www.youtube.com/watch?v=xiNROuBfFaQ&list=UUYcdw2wL6W6iGBKZgGK_Hjw&feature=c4-overview

    ResponderEliminar
  2. segun o que puxeches parece moi triste a istoria

    ResponderEliminar
  3. Gustavo Adolfo Beckerxoves, 20 febreiro, 2014

    CANDO VIN AHISTORIA SO QUERIA CHORAR E DICIRYE A MIÑA NAI: Mama querote moito , nunca o olvides

    ResponderEliminar
  4. Gustavo Adolfo Beckerxoves, 20 febreiro, 2014

    Cando vin a historia so queria ir xunto a miña nai e dicirlle :
    Nai querote moito e esoero que nunca o alvides

    ResponderEliminar

Publicar un comentario