A DANÇA DOS MOSCAS. Caxade




Caxade é unha banda galega actual que está a espertar a atención de todo o mundo polo atractivo da súa proposta, unha proposta que mestura estilos e influencias. 

A tradición musical galega achégase á da veciña Portugal e fan un longo paseo ata os países centroeuropeos para empaparse dos seus sons e ritmos. O resultado é "A Dança dos Moscas" (2013), un disco xenial que viu a luz gracias ao selo Discos da Máquina. Música ligada á situación que nos está tocando vivir, con letras irónicas, transgresoras e cheas de metáforas limpas. 

O grupo está formado polo propio Alonso Caxade e máis Manu Paino, Manu Espinho e Xosé Tunhas. Eles son uns dos abandeirados do folk independente en galego e o seu enraizamento con sons pastorais da vella Europa, convértenos nun proxecto sofisticadamente sinxelos, elegantes, interesantemente reivindicativos e moi directos.

Este primeiro traballo longo paréceme un deleite. 


Déixovos cunha mostra:




Comentarios