A JENGA




A jenga é un xogo de habilidade física e mental, no cal os participantes (que poden ser dous ou máis) deben retirar bloques dunha torre por turnos e colocalos na súa parte superior evitando que a torre caia.

Xógase con cincuenta e catro bloques de madeira ubicados en formación cruzada por niveis de tres bloques xuntos (deben ter a proporción indicada, de maneira que formen un cadrado ao colocarse xuntos) ata formar unha torre de 18 niveis de altura.

Cando corresponda, cada un no seu turno, os xogadores deberán retirar un bloque de calquera nivel inferior empregando só dous dedos. Esa peza deberá ser colocada despois na parte superior e facer que a torre creza de tamaño. Logo de cada movemento, hai que agardar cinco segundos para comprobar a estabilidade da construción.

Obviamente o obxectivo é que dita torre non se derrube e perderá o que provoque a súa caída.

A jenga é un xogo divertidísimo que tedes que probar. Non vos arrepentiredes.


Ahí vai un vídeo cunha partidiña:




Comentarios

  1. Alumn@s de segundovenres, 14 marzo, 2014

    Ef, encántanos a jenga pero... seremos capaces nos? Agora non nos aburriremos nos días de choiva.

    ResponderEliminar
  2. Eu creo que sí. Non hai razón para que non sexa tamén para vós. Obviamente, non será doado pero coa práctica iredes mellorando...

    ResponderEliminar
  3. Gustame moito o video

    ResponderEliminar

Publicar un comentario