A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO. Magín Blanco




"A nena e o grilo nun barquiño" é a segunda entrega de "A nena e o grilo".

Segundo di na súa páxina web, "as dúas personaxes prepáranse para vivir unha historia de aventuras coa que continuarán descubrindo o mundo e os seus segredos, tamén o seu propio mundo interior".

O compositor, músico e escritor Magín Blanco escribe a letra das cancións, crea os contos que serven como fío condutor ao espectáculo e deixa un espazo no libro para a propia creación do lector (debuxo, contos e adiviñas).

Blanco vese acompañado de músicos como Isaac Palacín, Guillermo Fernández, Jerry Noia, Pablo Pérez, Serginho Sales, Anxo Pintos, Segundo Grandío, Roi Grandío ou Jorge Juncal e de voces como as de María Faltri, Luanda Cozetti ou o coro de nenos e nenas da capela madrigalista de Ourense.

Aventuras cheas de solidariedade, respecto á natureza, identidade, desenvolvemento do universo afectivo e curiosidade polo que nos rodea.

Este libro son trece capítulos, coas súas correspondentes cancións, cos que ver a realidade desde a perspectiva dos nenos, unha perspectiva sinxela e xenerosa.

En definitiva, este é un proxecto moi interesante para a participación de todos.


Aquí vos van un par de videos da súa proposta:










FICHA TÉCNICA:


Editorial: FOL MÚSICA.
Duración: 60 min. aprox.
Público: Público familiar.
Técnica: Espectáculo musical.
Medidas do escenario: 5m. de ancho, 4m. de alto e 5m. de fondo.
Montaxe: 1,5h.
Desmontaxe: 1h.

Comentarios