EL LIBRO DE LAS TIERRAS IMAGINADAS. Guillaume Duprat



Premio Bologna Ragazzi ao Mellor Libro de Non Ficción 2009.


"El libro de las tierras imaginadas", publicado en 2008 en Francia e en 2009 en España, é unha fascinante viaxe a través do tempo, sobre como o ser humano imaxinou o planeta Terra ao longo dos anos.

Hoxe en día, todos sabemos que a Terra é redonda e que se move no espazo. Tanto os avances científicos como os tecnolóxicos fixeron posible esta situación, pero houbo un tempo no que non era doado sabelo. 

Con este libro descubriredes as visións que tiñan no pasado os sabios antigos, os científicos, os líderes relixiosos e os exploradores. Ás veces erróneas, ás veces acertadas e ás veces disparatadas, esas teorías son moi interesantes e conteñen auténticos tesouros de inventiva e poesía.

Por medio de textos (con datos, preguntas e aclaracións) e de ilustracións (con pestanas despregables) distribuídos en cinco capítulos, Guillaume Duprat achéganos ao que pensaban, por exemplo, os esquimós, os clásicos gregos, os tártaros, os aztecas, os exipcios, os indios, os persas, os vikingos, os babilonios, Leonardo da Vinci, Cristobal Colón, Galileo ou Isaac Newton.

Fantástico libro que non vos podedes perder! 

Témolo na biblioteca, na nosa sección de "consulta". Vide buscalo! Rápido! Que só hai un exemplar...




FICHA TÉCNICA:

17.0x26.0cm. 
Nº de páxinas: 64. 
Editorial: ONIRO.
Encadernación: Tapa dura.
ISBN: 9788497544047 
Ano edicón: 2009 

Comentarios