LA PEDAGOGÍA DEL CARACOL. Gianfranco Zavalloni




Non tedes a sensación de que o mundo vai demasiado rápido? Non vos parece que, moitas veces, camiñamos hacia ningures? Non credes que con este ritmo vital acelerado desfrutamos menos do camiño? Se as vosas respostas son afirmativas, encantaravos este libro. Se son negativas, pode que tamén.

"La pedagogía del caracol" de Gianfranco Zavalloni (autor ligado á escola creativa) é un agasallo de primeirísima orde para os docentes e para os que non o son.  Un conxunto de reflexións a modo de eloxio da lentitude, da calma como motor do bo funcionamento do sistema educativo en particular e, por extensión, da vida en xeral. A verdade é que de Italia, a este nivel, case sempre saen cousas excelentes e aquí tedes un exemplo.


Estades ante un exercicio de paciencia, de calma para afrontar unhas tarefas determinadas, de recuperación do orgánico, do natural… unha loubanza á formación de individuos autónomos e críticos co mundo que vivimos e unha bomba que derriba concepcións conservadoras e tamén excesivamente automatizadas.
Un acto de rebeldía ante esta realidade tan "sin sentido".
 

Maxistral! E nunca mellor dito... 



FICHA TÉCNICA:

234 páxinas.
300 gramos. 
Encadernación rústica.
Edición: 2011.
ISBN: 9788499800370



Comentarios

  1. Que o mundo vai demasiado rápido? E eu tamén. Ef, creo que necesito leelo para que me ensine a facer altos no camiño.

    ResponderEliminar
  2. Desde logo que sí Beatriz Veneranda!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario