OINK! A revista de todos.



Moitos nenos de diferentes xeracións medraron á sombra dos debuxos animados que o Xabarín Clube emitía na Televisión de Galicia. Moitos, incluso pertencían a ese clube e tiñan os seus carnés de socio.

Oink! é unha revista diferente, afastada de todo o panorama consumista creado polas grandes marcas e que serve como refuxio para os nenos e nenas de entre os seis e os quince anos. É unha porta á curiosidade, á imaxinación e ao espírito creativo dos máis novos da casa. Unha revista infantil-xuvenil pouco convencional feita con paixón, sentido e sentimento.

Hai varias seccións fixas como Satélite Xabarín (a modo de curiosidades, unha ollada por todo o planeta sen deixar de lado as pesquisas en Galicia), Con Pegada (entrevistas a figuras interesantes da nosa contorna), Reportaxes Oink! (a actualidade vista desde os ollos do porco bravo máis famoso) e a Banda Deseñada (con creadores como Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Miguel Porto, Fran Bueno e Marilar Aleixandre, Miguel Robledo, Kohell, Víctor Rivas e Pinto & Chinto). Ademais, tamén se pode fedellar coas propostas científicas e de creación plástica.

Por outro lado, o seu prezo é moi razoable e inferior ao da maioría das súas competidores. Cada número podedes telo na vosa casa por 2'65 euros.

Se queredes saber máis, pinchade aquí.

Comentarios

  1. o xabarin clube ainda se emite en tvg2 e sige sendo moi divertido

    ResponderEliminar

Publicar un comentario