OS GRAFFITIS DE 6EMEIA



Lembro a miña sensación a primeira vez que vin os graffitis de 6emeia, dous artistas urbanos  brasileños que se empeñaron en transformar o seu barrio (o Barro Funda de São Paulo) dunha forma moi divertida e creativa. Alucinei coa forma que teñen de facelo.

Augusto Anderson e Leonardo Delafuente definen o que fan como "pingas de cor nun mar inmenso e gris" e non poido estar máis dacordo. Moitas veces, os nosos entornos urbanos son aburridos e, a dicir verdade, bastante feos, polo que o que moitos consideran vandalismo, a min parécenme favores estéticos á comunidade. Ademais, poñen de manifesto (como outros artistas das rúas) que o arte non só está colgado nas paredes dos museos.

Cun estilo moi de cómic, cheo de colorido, brillante e lúcido en canto a ideas, van renovando a imaxe dos sumidoiros, das caixas dos cadros eléctricos, dos postes da luz, das beirarrúas, dos pasos de peóns ou dos muros e facendo que os paseos dos veciños sexan un pouco mellores.

Os 6emeia son unha catarata de orixinalidade que decoran lugares sen alma, que por si sós non teñen ningún encanto. Son unha parada na estación da imaxinación, un agradable pedazo de fantasía, un arco da vella en asfalto... Son un bo soño do que non espertar.

A min téñenme conquistado desde o primeiro momento... E non creo que fagan falta máis palabras, tan só necesitades os ollos para mirar.

Estou seguro de que desfrutaredes!


























Para máis información, visitade a súa páxina web aquí.

Comentarios

Publicar un comentario