OUT OF A FOREST. Tobias Gundorff Boesen



Dado o éxito de visitas da publicación do video "Katachi", feito en stop-motion, preséntovos hoxe outro exemplo de animación con esta técnica.

"Out of a Forest" é unha multipremiada curtametraxe con monicreques de 2010 sobre un coello que é convidado ao bosque, onde un grupo de coellos se reúnen para cear e contar historias baixo a luz da lúa. Todo parece tranquilo pero non o é tanto. Son seis minutos moi intensos e cun factor sorpresa que nos deixará coa boca aberta.

Este filme danés parece un conto típico da literatura victoriana tanto pola estética como polo contido e foi o proxecto de fin de carreira do seu director Tobias Gundorff Boesen para The Animation Workshop.

Ademais da literatura e o surrealismo, outra das súas influencias foi o disco "Boxer", dunha banda estadounidense que me encanta e que se chama The National. Por iso elixiu a canción "Slow Show" para musicar a imaxe.

A ver se vos gusta...












Comentarios