PAN DE MILLO. Migallas Teatro (texto). Paulo Nogueira e Carlos Yus (música). Dani Padrón (ilustración).



"Pan de millo" é un libro-disco cociñado a medias por Migallas Teatro e por Kalandraka editora e no que tamén colaboran Magoia Bodega e Paulo Nogueira (educadores e membros do grupo folk Treixadura) ou o debuxante Dani Padrón.

Trátase do segundo proxecto musical de María Campos e Carlos Yus (Migallas) que se adentra no campo musical infantil e con el lógrase o mesmo efecto positivo que co seu primeiro traballo "Canta connosco!".

Preguntarédesvos o porqué do nome "Pan de millo" e a resposta é que o fío condutor do libro é o proceso de elaboración deste tipo de pan. Ademais, os obxectivos principais son fomentar o xogo na súa función máis lúdica, practicar a expresión dramática, recuperar a memoria dos maiores e valorar a nosa lingua como se merece.



FICHA TÉCNICA:

Editorial: Kalandraka.
16x16cm.
64 páxinas. 
ISBN: 978-84-8464-847-5.
20 euros.



Comentarios