"Os primeiros vinte minutos están repletos de enerxía e a comedia funciona á perfección convertíndose a posteriori nunha sorte de monster movie con elementos de aventura e secuencias de acción". Isto é o que opina Pablo González Taboada, da revista Cinemanía, sobre esta fantástica peli francesa.
"Un monstruo en París" (2011) é un filme musical de animación, ambientado entre 1910 e 1920, sobre unha criatura que ten aterrorizada á poboación e a caza que dous homes inician para acabar con el. Nese intento, os humanos van vendo a verdadeira natureza do monstro. Unha viaxe para coñerse a si mesmo, para descubrir o amor, para romper con toda clase de prexuízos.
Nominada aos Premios Cesar como mellor filme de animación e mellor banda sonora. Mención honorífica no Festival de Xixón.
Déixovos cun anaco:
Grazas Ef, é unha fantástica recomendación!
ResponderEliminarGracias a ti!
ResponderEliminarEf, esa peli a vimos e nos gustou moito.
ResponderEliminar