ERIK JOHANSSON






























Fai unhas semanas descubrín a Erik Johansson, un fotógrafo e fotomanipulador sueco, que se formou a si mesmo (autodidacta) e que só ten 29 anos. O primeiro que pensei cando vin algunhas das súas fotos foi "Os nenos e nenas do cole teñen que ver isto!". Dito e feito, non me puiden resisitir e aquí volas traigo... porque sei que vos van molar. 

Este artista, vive actualmente en Berlín e é moi coñecido en internet polos seus traballos de gran calidade técnica e tremendamente imaxinativos.


Como podedes supoñer, estas fotos non son reais. Johansson saca fotos e logo, en función de cal sexa o seu propósito ou a idea que ten en mente, manipúlaas por ordenador ata conseguir o que quere. 

Sen lugar a dúbidas, un artista que consegue espertar o interese no público polo impresionante e divertido que resulta.

Agardo que vos guste (aínda que me parece que non hai outra opción).

Comentarios

Publicar un comentario