GANDINI JUGGLING


Gandini Juggling é unha compañía británica que leva desde 1992 na vangarda do circo contemporáneo, revitalizando e reinventando o malabarismo do século XXI. Pero non só hai malabarismo nos seus traballos, porque fano dun xeito moi artístico, teatral, usando a danza contemporánea e introducindo nesta disciplina as anotacións matemáticas. 

O recoñecido malabarista Sean Gandini e a campioa de ximnasia rítmica Kati Yla-Hokkala son os seus creadores e, xunto aos seus compañeiros, levan 4000 espectáculos por 40 países diferentes en 18 anos. As súas fantásticas coreografías son demandadas en todo o planeta e obteñen sempre o éxito da crítica e do público.

"Smashed" é o seu espectáculo actual. 9 malabaristas, 80 mazás, 4 xogos de té, humor, inocencia perdida, amores imposibles, relacións tensas. Un proxecto inspirado na obra da excelente bailarina alemá Pina Bausch, cunha estética dos anos 40 e moita diversión garantida.

O próximo sábado 3 de maio poderedes desfrutar do seu espectáculo (en caso de que o desexedes), no Museo Centro Gaiás de Santiago de Compostela ás 20:00h.



Déixovos cuns videos de presentación:






Comentarios

Publicar un comentario