INMATERIAIS. Suso de Toro




"Inmateriais" é un deses libros para ter. Un libro que ensina cousas que seguramente non sabemos, que nos mete de cheo na cultura galega a través da vida de persoas relevantes elixidas polo autor. 

Suso de Toro inclúe neste libro as narracións de elementos vitais sobre, segundo as súas palabras, "figuras que me interesaron ou nas que vin representadas as capacidades das persoas nacidas neste país, os dilemas que se lle presentaron ante as circunstancias que viviu a Galiza no momento histórico que lles tocou vivir e tamén as posibilidades que se ofrecían en cada momento". 

Diego Xelmírez, Concepción Arenal, Antolín Faraldo, Rosalía de Castro, Pablo Iglesias, Emilia Pardo Bazán, Curros Enríquez, Castelao, Maruja Mallo, Carlos Velo, Gonzalo Torrente Ballester ou José Suárez, entre outras figuras, conforman este pequeno tesouro biográfico que o autor define como un "acto de rebelión contra a historia que nos contaron, contra o que nos dixeron que eramos e tamén o que podiamos ser".



FICHA TÉCNICA:
Papel. 
14,5 x 22 cm.
 Rústica cosido a fío.
144 Páxinas. 
I.S.B.N.: 978-84-9914-502-0.
Código: 1345137.
16,35€ IVE non incluído.
17,00€ IVE incluído.
Maio 2013.

Comentarios