O APÓSTOLO. Fernando Cortizo

  

"O Apóstolo" (2012) é un filme galego de animación que tivo moito recoñecemento por parte do público, da crítica especializada e dos principais festivais de cine (nominacións nos Goya e en Sitges, e premio en Annecy). Son setenta e dous minutos de intriga e de terror que vos terán pegados ao sofá.

Queredes saber de que vai?
Un preso fúgase do cárcere e decide recuperar o botín que tempo atrás agochara nunha solitaria aldea. Desaparicións, anciáns enigmáticos, espíritus, un crego moi raro, humor, terror e fantasía ao alcance de todo o público.

É a primeira peli española feita coa técnica de stop-motion (que xa coñecedes) empregando plastilina. 

Un dos aspectos que máis mola é a atmosfera creada, que inunda todo de inquedanza, frío, medo, escuridade... sen deixar de ser divertida e simpática.

Gustaravos!


Comentarios