O MEU MARABILLOSO SOMBREIRO. Akiko Ishihara



Edicións do Cumio aposta por un libro dirixido aos que gustan da cultura ancestral xaponesa e aos que estudan a lingua propia dos nipóns. Unha inicativa moi novedosa e interesante escrita orixinalmente por   Akiko Ishihara e con textos interpretados e ilustracións de Suevia Sobral.

"O meu marabilloso sombreiro", editado en 2013, é a tradución ao galego dun conto xaponés presentado en versión bilingüe e cun acabado fermoso.

O conto describe a un pequeno narrador que fai un sombreiro e decide agasallalo, mais non consegue que ninguén o acepte. Gracias á Señora Elefanta, dase conta do ben que lle queda a el mesmo. 

Este libro ven acompañado dun disco con seis cantigas populares xaponesas adaptadas ao galego e as súas partituras orixinais. 

Aprender unha nova lingua, coñecer outra cultura moi diferente á nosa, desfrutar coa música ou, simplemente, descubrir un novo camiño hacia a solidariedade son os principais obxectivos desta publicación fóra do común.



FICHA TÉCNICA:

ISBN: 978-84-8289-468-3.
Formato: 220x220cm.
Páxinas: 40.
Encadernación: Rústica+CD.
Prezo: 17 euros.

Comentarios