SIN TÍTULO. Hervé Tullet



O outro día estiven nunha libraría e alucinei cun libro que vin. Pareceume moi orixinal, moi lúcido, unha idea xenial e pouco habitual. Chámase "Sin título" e o seu autor é Hervé Tullet, considerado por moitos como un xenio da literatura infantil, cousa coa que estou totalmente dacordo.

Maxia, colorido, sorpresas, xogos, estimulacións e emocións. Un libro convertido en obxeto de imaxinación interactiva a través de formas, textos e cores. Para o autor, cada libro é un tesouro, unha ferramenta esencial para o desenvolvemento cognitivo do neno e, o máis importante, é pura diversión.

En "Sin título" hai personaxes (aínda en construción) e un autor que segue traballando na historia. Como? Pois iso mesmo, o libro está sen rematar e completarase coa túa axuda.

Unha caixa de sorpresas que lembra bastante ao encanto que ten o teatro.



FICHA TÉCNICA:

Formato: 27 x 22 cm.
68 páxinas.
PVP: 13€.
ISBN: 978-84-92750-96-2.

Comentarios