BLU

















Blu é o pseudónimo dun artista italiano descomunal que leva desde o 1999 decorando as rúas de todo o planeta. Nos inicios, a súa técnica limitábase basicamente ao uso do spray, factor que foi variando en función das necesidades e apareceu o rodete con brazo extensible que lle permitía abarcar superficies máis amplas (algo lóxico e apreciable observando as dimensións das súas obras). 

Pinta figuras humanas entre sarcásticas e dramáticas, animais, obxetos de uso diario ou paisaxes imaxinadas cunha mestría e precisión únicas. O seu talento queda fóra de toda dúbida, sendo un dos mellores graffiteiros da actualidade. Os seus traballos exténdense por todo o mundo e non é complicado velos por lugares como Madrid, Barcelona, Berlín, Rennes, Bogotá, Lima, Varsovia, Lisboa, Los Angeles, Stavanger (Noruega) ou Grottaglie (Italia). 

Ademais de ilustrar muros urbanos, tamén ten debuxos incribles, ten un blog e incluso elabora videos experimentais coa animación dixital e outros visuais para clips musicais do colectivo OK NO. Non só actúa de xeito individual, senón que xunto a Ericailcane fai graffitis conxuntos que alcanzaron o seu momento crucial entre os anos 2003 e 2006. 

Foi en 2004, cando estivo tentado polo interés incesante de moitas galerías de arte por incluilo en mostras e shows colectivos, o momento no que Blu se decantou pola idea de que a súa obra debía estar na rúa, como parte inamovible dun contexto cultural que pertence ao pobo. Pódese dicir, polo tanto, que contribuiu á democratización do arte deixándoo nas urbes, con acceso libre e de balde.

Non é necesario que faga referencia á elevada calidade dos seus traballos, é algo demasiado obvio, pero sí quero aludir ao grande inxenio que ten, á súa capacidade cerebral e intelectual para extraer ideas frescas e plasmalas en formigón, ao seu traballado detallismo, ao estudo das culturas dos lugares nos que actúa, a esa conciencia crítica que erixe como tema das súas pinturas. 




Aquí tedes, tamén, un vídeo en stop-motion que fixo cos seus graffitis:



Comentarios

Publicar un comentario