NIMBOS DE XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO. Homenaxe no Día das Letras Galegas



Este ano adícaselle o Día das Letras a Xosé Díaz Castro (1914-1990), un poeta natural de Guitiriz, figura fundamental da literatura galega de posguerra, que escribía cunha forza expresiva enorme, iluminando así, a tremenda carga que os poemas levan dentro. É, polo tanto, un poeta que removía (e remove) conciencias nun tempo no que a literatura chegaba máis que a teoría sociopolítica, un home que axudaba a crear unha reacción contra a opresión… na liña doutros grandes como Novoneyra, Manuel María ou Celso Emilio Ferreiro.
"Nimbos" (1961) é o seu único libro e reflexa a unidade do seu xeito de vivir, cunha voz moi propia, moi particular, con versos que transparentan unha terra inconfundible, singular e concreta, unha poesía de grande densidade e que ten en cada palabra un factor insustituible.. de ahí a súa autenticidade.
Recomendado queda.

Comentarios