SER Y TENER. Nicolas Philibert




Pois de inicio, dou gracias ao mundo do cine por facer que este tipo de filmes saian á luz.Tanto o colectivo docente como o resto de persoas poderán emocionarse con esta historia sobre aprender para ser.

"Être et Avoir", que en francés significa “Ser y tener” é un dos máis fieis exercicios de pedagoxía, de naturalidade e de realismo educativo do que fun testigo. Nicolas Philibert quixo facernos espectadores privilexiados, de dereito, dun modelo educativo (centrado no alumno) que tamén hai aquí en Galicia. A ‘clase única’ das escolas unitarias, o día a día de non máis de doce nenos e nenas xunto ao seu excelente mestre, Georges López.
 

É emotiva, brilante, libertaria, motivadora, ilusionante, sinxela e complexa… é algo que non esquecerei xamáis.

Comentarios