TEZ



Sabedes que é o beatboxing? Se léstedes a entrada adicada ao grupo israelita The Voca People, deberíades sabelo.

Ben, pois o beatboxing é a habilidade para facer un tipo de percusión que se executa coa boca, cos beizos, coa lingua e coa voz. Imítanse sons de todo tipo, de instrumentos (de corda, de vento, percusión), ruídos, sintetizadores, sons electrónicos, etc.

Dito isto, cóntovos algo. Nunha ocasión, fun a un concerto para alces que se celebrou na Coruña. Era un grupo francés de rapazas moi guai, que traían a un colega que practicaba beatboxing para facerlles parte do acompañamento instrumental. Nun descanso que houbo durante o concerto, este rapaz quedouse só no escenario e fixo das súas. Por suposto, deixounos a todos coa boca aberta!

A partir dese momento, comecei a investigar máis sobre quen era aquel tipo e desde aquel día, estou ao día sobre as cousas que fai. Esta persoa da que vos falo, faise chamar TEZ e ten un talento moi especial para esta disciplina musical.

A min encantoume, agardo que a vós tamén.


Agora, déixovos cuns videos seus e lémbrovos que todos os sons saen da súa boca (aínda que pareza incrible). 







Comentarios