UNO. Un xogo de sempre


O UNO é un xogo de mesa clásico, un xogo moi popular de cartas, inventado en 1971 en EEUU e chegado a España no 92. Ademáis de divertido, é moi útil para traballar a memoria, o cálculo, a axilidade mental e as cores.

Son 108 cartas diferenciadas en dous tipos: cartas normais e cartas especiais, que serán repartidas entre os participantes, os cales poderán ser dun mínimo de 2 e un máximo de 12. O obxectivo é desfacerse de ditas cartas e hai que dicir a palabra "uno" cando quede a última para informar aos rivais.

As cartas normais divídense en catro cores (azul, vermello, amarelo e verde) e cada cor traenas numeradas do 0 ao 9. As cartas especiais alteran a acción do xogo. Unhas invirten o sentido do xogo, outras fan que se perda o turno, outras obrigan a roubar dúas cartas, outras serven para cambiar a cor da xogada e por último, un comodín de roubar catro cartas (ou non) que combina varias propiedades (é a carta suprema do xogo).

Cada un dos xogadores ten que botar unha carta por turno da mesma cor que se está xogando. Se non é posible, pode botar unha doutra cor co mesmo número. En caso de non ter opción con ninguna das anteriores nin con ninguna das especiais, terá que roubar do mazo e acumular máis cartas na man, xusto o contrario do que se pretende, que é rematalas canto antes.





Comentarios

Publicar un comentario