¡VOY A COMEDTE! Jean-Marc Derouen e Laure du Fay



Este libro é pura diversión. Nun primeiro momento, semella a típica historia do lobo malo que recibe un escarmento dos outros inocentes animais pero, a verdade, é que vai un pasiño máis aló. Fala dun lobo, claro, dun lobo que non pronuncia ben, dun lobo que ten moita fame e busca alimento, dun lobo que se atopa con dous listos coellos que lle farán mudar de opinión unhas cantas veces.

Tanto a nivel narrativo como gráfico, este álbum resulta moi orixinal. A acertada e pouco frecuente selección das cores xoga un papel moi importante e resulta explosivo para a vista. A tipografía é de diferentes tamaños, polo que lembra bastante á estética dos cómics, das paisaxes xaponesas e dos debuxos animados. É, en definitiva, unha experiencia agradable e entretida para estes días de sol.

Cres que un lobo pode pasar de ser carnívoro a vexetariano? Compróbao en "¡Voy a comedte!".


Moi bo para a representación teatral na escola ou para compartir entre pais e fillos na casa.





FICHA TÉCNICA:


  • Formato: 30,5 cm x 23,7 cm.
  • PVP: 12,50€
  • ISBN: 978-84-92750-86-3.



    Comentarios