Por un lado, o ardalén é "un vento ávrego (tipo de vento tépedo e húmido do sudoeste que trae as chuvias) que sopra desde o mar cara á terra. Segundo as crenzas populares, orixínase nas costas americanas, atravesa o Atlántico e chega ao sudoeste de Europa".
Por outro lado, en canto á memoria, Adolfo Bioy Casares afirma que son "as lembranzas que hai que cuidar porque son a vida de cada quen".
Sobre estes dous conceptos, memoria e vento, xira esta preciosa novela gráfica de Miguelanxo Prado que ven de facerse co premio á Mellor Obra de Autor Español na XXXI Edición do Salón Internacional do Cómic de Barcelona e que edita El Patito Feo (encargada de publicar a obra enteira de Prado en lingua galega).
"Ardalén", que levou facela tres longos e intensos anos, é unha xenialidade cargada de nostalxia e melancolía, unha preciosidade de elevado valor narrativo, gráfico e científico.
Non digo máis… lectura obrigada.
FICHA TÉCNICA:
ISBN: 978-84-939434-5-5.
Formato: 22 x 29,5 cm.
256 páxinas.
Encadernación: cartoné
Impresión a cor.
Prezo: 25.00 €
Comentarios
Publicar un comentario