O outro día, unha amiga miña alce díxome que coñecía uns libros moi guais da Fundación ONCE e, segundo cheguei á casa, púxenme a buscalas en internet. Encantáronme.
Esta colección de lecturas ten como obxectivo mostrar as vivencias de nenos e nenas con discapacidade a través das súas divertidas aventuras.
Como dixen, é unha iniciativa da Fundación ONCE, baseada nunha idea orixinal de Concausa Conexiones Creativas e dentro da colección "Cuentos por la integración".
Son seis títulos ("Nacho Pista Tenista", "Aitor Aviador", "Rosalía La Espía", "Amador Actor", "Aurora Locutora" e "Silvina Bailarina") marabillosos que se poden ler online e incluso ser escoitados, xa que dispoñen de audio.
Son textos para concienciar aos máis pequenos e para educar no respeto, na tolerancia e na igualdade. Aínda por riba, son de balde.
Se queredes botarlles unha ollada podedes velos e escoitalos pinchando aquí.
Comentarios
Publicar un comentario