Imaxino que Rosalía de Castro débelle tanto a Padrón como Padrón á propia Rosalía. Sexa como fora, o certo é que a vila vive con orgullo a historia da súa veciña máis ilustre e, por extensión, Galicia enteira sente tamén unha profunda admiración por esta valente muller.
Son moitos os libros e discos de música homenaxe que se publican e este que vos presento hoxe é un exemplo. Falo de "Rosalía pequeniña", publicado pola editorial Galaxia, cantado por Uxía e con ilustracións de María Seoane. Un libro-disco fermoso con textos sobre a padronesa como fío condutor e co aderezo musical de Uxía Senlle, duns músicos marabillosos e das voces de cantadeiras populares.
Unha proposta para seguir coñecendo á verdadeira Rosalía.
FICHA TÉCNICA:
Editorial:Galaxia. |
Colección:Sonárbore. |
28 páx. |
Encadernación:Cartoné. |
PVP: 20.00 €. |
ISBN: 978-84-9865-484-4 |
Aquí tedes un adianto:
Comentarios
Publicar un comentario