CO XENIO DESTROZADO. Sés




Bo día!

Hoxe temos na FLAVIOTECA a unha artista e un disco moi especial. Falo de María Xosé Silvar, máis coñecida no mundo da música polo seu proxecto SÉS, unha banda que comparte co guitarrista Tito Calviño, co baixista Fran Sanz e co baterista Marcos Pazo.

Esta moza da Coruña, que comezou a súa formación na música e no baile tradicional e que, ademais, é mestra, ten unha forza persoal a proba de bombas, un carácter rebelde e unha gran intensidade nas letras.

"Co xenio destrozado" (2013) é un disco moi fresco, vitalista, que mestura as raíces identitarias galegas con sons blues e rock de Estados Unidos e milongas hispanoamericanas. Un disco divertido, gracioso, alegre, real e de calidade.


Déixovos un video para vela:




Comentarios

  1. Un produto novo no panorama musical galego para o que si había sitio e lideradode forma maxistral por María Xosé (Sés).Cun directo que non deixa indiferente a ninguén, que abrangue dende os temas máis intimistas ata os blues e rock ante os que non é posible parar de vibrar , saltar e bailar¡

    ResponderEliminar
  2. Non me gustounada no se entende nada

    ResponderEliminar
  3. A min pasoume o mesmo coa túa mensaxe...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario