EL BUNYIP. Jenny Wagner e Ron Brooks






Ediciones Ekaré publica en castelán este clásico da literatura infantil sobre un ser mitolóxico do folklore australiano. "El Bunyip" é un libro fermoso, coidado ao detalle, cunha carga filosófica existencialista moi importante, centrado no autodescubrimento, na concepción que dun mesmo se ten e na forma en que os demais nos ven. En definitiva, a identidade vista desde diferentes perspectivas.

Conta cunhas ilustracións impresionantes de Ron Brooks realizadas coas técnicas do raiado e a acuarela, uns debuxos moi especiais que en todo momento te atrapan no seu mundo interior, convidándonos a unha viaxe mental ata Australia.

É ideal para educar en emocións, sensacións, coñecemento persoal, confianza nun mesmo e no resto e seguridade.




EDITORIAL: Ediciones Ekaré.
COLECCIÓN: Libros de todo el mundo.
ANO PRIMEIRA EDICIÓN: 2012.
IDIOMA: Español.
IDADE: + 3 anos.
PÁXINAS: 32.
ISBN:  9788493991258.













Comentarios